O pasado mércores, familias, profes e amigos/as do Otero Pedrayo reunímonos na nosa biblioteca para pór en común o Premio Torrente Ballester en Lingua Galega de 2023: Sábeme a salamántiga o ceo da boca, de César Cequeliños.
O autor acompañounos para comentarnos todo o que ten que ver con esta novela de aventuras, de ambientación histórica, cun toque de humor e na que o elemento fantástico encaixa á perfección na trama.
Canto disfrutamos desa parella composta polo mozo xornalista ícaro Añón e a especialista do oculto Madame Dax! Aconsellámosvos que a leades e descubrades que é o que está a pasar nesa próspera cidade de Vigo de 1905.
Grazas a César Cequeliños por facernos pasar unha tarde tan agradable. E a todas as participantes, presentes e ausentes, por compartir os vosos pareceres e facer máis fonda a lectura.









Ningún comentario:
Publicar un comentario