venres, 17 de febreiro de 2023

Amor e poesía

 O equipo de biblioteca xunto co alumnado voluntario arrincou sorrisos amorosos repartindo poemas! Escoitáronse frases marabillosas como "Xa me alegrastes o día" e outras de sorpresa: "É gratis? Fermosos momentos recollidos parcialmente nestas imaxes:



venres, 10 de febreiro de 2023

Club de lectura Aleitando

 Hoxe falamos de Todo o tempo do mundo.

Escoitamos os paxariños, lembramos cando oiamos falar a mamá e papá na súa habitación e imaxinabamos o que non dicían, pensamos no que fariamos se tivésemos que abandonar as nosas cousas...

Na próxima reunión seguiremos.