domingo, 26 de abril de 2026

Semana do libro

 Este ano o día 23 de abril non tivemos máis actividade da habitual, xa que moitos grupos estaban de viaxe e queriamos estar a tope!

Trasladamos todo para a semana próxima.

Este é o noso menú:




luns, 20 de abril de 2026

Primavera oteriana

 

O 10 de abril pechabamos a Primavera no Otero cun novo discurso de don Ramón Otero Pedrayo convidando a rapazada a falar a lingua propia e cun concertazo de música: The Teta´s Van! Houbo moita alegría, houbo moito baile e houbo moi boa música en directo.

As nosas alumnas tamén quixeron pór o seu gran de area cunha coreografía creada para tal acontecemento e un rap en galego. Marabilla!

Grazas a Nate Pazos, coordinadora do EDL, que argallou toda esta `primavera´da lingua, coa que colaboramos.

Na biblioteca procuramos todos os libros do noso Patriarca e montamos unha vitrina espectacular! E nas aulas léronse textos seleccionados de D.Ramón, na Hora de Ler.





domingo, 19 de abril de 2026

Radio no Otero

 O alumnado do Otero e especialmente o que participa no programa de Radio na Biblio gozou coa presenza dun equipo da Cadena Ser para emitir un especial dende o Paranifo.


Ademais de dar a coñecer o no noso centro e todas as posibilidades que ofrece, homenaxeamos a Ramón Otero Pedrayo neste ano que se lle adica.

Parte do equipo de Radio na Biblio

Unha experiencia marabillosa, na que non faltou a música: primeiro, María do Ceo interpretou varios dos poemas de Otero, aos que lle puxo música, e finalmente o coro que acaba de iniciar o seu percorrido. Dúas audicións que quedarán gravadas nos nosos oídos!

Parabéns a todas as persoas que participaron!


A música de María do Ceo

Martín explica a importancia do mapa de Domingo Fontán


Na foto o enlace ao programa completo




mércores, 8 de abril de 2026

O Ano Novo chinés

 O noso profe Zhi Xuan explicaranos cando e como se celebra o cambio de ano na cultura chinesa. Otero Diverso!



Aleitando!

 Canta enerxía da boa saíu da xuntanza de hoxe!




E por iso, sen máis demora, ímoslle meter o ... OLLO a Chimamanda Ngozi Adichie





luns, 6 de abril de 2026