luns, 26 de febreiro de 2024

A muller e a nena na ciencia






Celebramos non un día, senón moitos días da Muller e a nena na ciencia. Noa Vilas e Noa Pedrero contáronnos a súa experiencia no concurso The Challenge, organizado por EduCaixa. Presentaron e foron premiadas por o seu magnífico proxecto A Minúscula que non só é un exemplo de investigación senón de tesón e de sensibilidade cos problemas ós que non se adoita prestar atención porque non afectan á maioría, ou á maioría que máis poder ten na sociedade.
Mirade o seu proxecto aquí















Ana Cascón Padrón, alumna de 1º de bacharelato, guiounos nestes dous obradoiros de papiroflexia. Ana foi mención de honra na Olimpiada matemática galega e medalla de bronce na Olimpiada feminina española. Un luxo tela nesta ocasión como profe!










Grazas e parabéns a estas MULLERES que FAN CIENCIA











venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

Coa alborada de Rosalía a violín máis voz, a lectura do manifesto e unha segunda alborada a gaita celebramos no IES Otero Pedrayo os 187 anos do nacemento da nosa autora máis universal.
No Otero, sempre con Rosalía.





venres, 2 de febreiro de 2024

Camiñando cara a paz


Traballos para a paz





 Vaise enchendo o noso expositor cos traballos do alumnado: imaxes e palabras. 







Ademais a mesa para a reflexión non deixa indiferente e escoitamos algunhas ben interesantes: Como vai haber tantas guerras hoxe? Se fose así oiriámolo nas noticias!!!






A semana próxima convertiremos en chapas as mellores ilustracións. De momento Íker e Guillerme probaron a máquina.