martes, 31 de outubro de 2023

Día dos mortos

 Hoxe rematamos de preparar a nosa biblioteca para que esta noite ás ánimas, as larvas, os lemures, os espíritos dancen a gusto cando todo quede en silencio.







Pronto sairán á luz os textos e ilustracións que procuran o premio no concurso organizado en colaboración co EDLG! Van aparecer cousas ben chulas!!!!




E para acompañar: 






domingo, 29 de outubro de 2023

xoves, 19 de outubro de 2023

Día das escritoras 3

 A exposición "Coñeces a Safo?" vai medrando a partir do Día das escritoras. Algunha alumna atreveuse a emular á poeta de Lesbos escribindo en papiro algún dos seus poemas. Tamén nos envolveu o son da súa lira.






martes, 17 de outubro de 2023

Día das escritoras 2.

 

 
Phily, José Antonio e Manuel de 2º de ESO participaron nesta proposta da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria,  que nos suxeriu a Biblioteca Nacional.
Parabéns!

 
 
 
 
 



sábado, 14 de outubro de 2023

Día das escritoras


"... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo." 
 
Yáñez,Antía. Non penses nun elefante rosa. (Xerais, 2022)

"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio".  (Bibliotecas escolares de Galicia)
    E con este tema e esta selección de lecturas, así coma as escollidas por Xosé Mª Lores de escritoras galega, organizamos as nosas actividades:

  • Durante a hora de ler. Lectura en voz alta de textos de mulleres.
  • Mesa de libros de mulleres, no corredor da biblioteca
  • Exposición sobre Safo de Lesbos, no corredor da biblioteca




martes, 10 de outubro de 2023

Club de lectura Afouteza

 Que boa lectura e que boa charla! Abrímonos sen pudor para falar da maternidade, do odio e o amor, da culpa, do perdón, da morte, da felicidade. 

Podemos dicir que a todas nos chegou moi fondo a voz de Tatiana Tibuleac!






E aínda nos deu tempo de falar e recomendar algunha das nosas lecturas de verán. Iniciamos a cata de libros con intercambio de libros!



xoves, 5 de outubro de 2023

Ilustrando



Acaba de chegarnos esta marabillosa proposta do EDLG do centro. Primeira actividade para traballar no centro coa ilustración, a banda deseñada, as viñetas...
Animádevos a participar!