domingo, 31 de outubro de 2021

Cen anos de Nós

 

Con motivo do 101 aniversario da publicación do primeiro número de Nós, na biblioteca, durante todo o mes de novembro, organizamos actividades conmemorativas.
A primeira será a exposición "O significado de Nós".





"Pedrayo, Risco, Castelao, Cuevillas... Sen eles non sería posible imaxinar a Galicia de hoxe. Nun mesmo momento produciuse unha concentración excepcional de talento e coraxe", destácase no vídeo promocional da exposición, que quere ser "unha homenaxe á xeración que mudou para sempre a historia galega".






xoves, 28 de outubro de 2021

Outono de medo

Achéganse días escuros, axeitados para lecturas escuras ó calor dun lume purificador. O Samaín, o día de defuntos, os magostos... 



No nome da muller morta
Cuentos macabros
A noite de Samaín


Na nosa biblioteca cambiamos o decorado, rescatamos bruxas, trasnos, meigas, ata a Sta. Compaña dos andeis













Ademais, propuxémosvos un concurso que xa está fervendo!





domingo, 24 de outubro de 2021

luns, 18 de outubro de 2021

Safo, a primeira escritora

 


Quen foi Safo?  De onde era? En que época viviu? Que escribiu? Que casualidades do destino fixeron que chegase a nós a súa obra? Por que o Papa mandou queimar os seus escritos?
Todo iso e máis pódese ver na nosa expo.
 





venres, 15 de outubro de 2021

Día das escritoras

 

Durante toda a semana próxima faremos ben visibles as mulleres escritoras. En tódalas linguas que poidamos, en tódolos formatos, en tódolos xéneros...





Dende Safo de Lesbos ata Olga Novo, pasando por Rosalía, Mary Brontë, ou Amy Tan, todas sairán dos andeis da nosa biblioteca, agardando a que abras e leas os seus textos.






E tamén queremos reflexionar sobre o desprezo que agochou a escrita de moitas mulleres. Sacaremos á luz o nome das primeiras mulleres escritoras das que nos chegou o nome, nun mural que se irá enchendo de nomes en moitas linguas.








E entre as grandes maltratadas, Safo de Lesbos, a primeira cuxo nome chegou a nós. A primeira condeada ó lume e ó esquecemento. Por sorte, os seus escritos das formas máis insospeitadas, burlaron a queima e resoan con forza. 
Nunha exposición, o departamento de Grego amósanos os seus textos e cóntanos quen foi esta muller.


















mércores, 13 de outubro de 2021

Medramos

 Estamos abrindo espazos para que o arrecendo dos libros vellos e novos viaxe por todo o centro e non podades resistir a tentación de achegarvos. 

Coma se fose o forno onde se coce o pan de cada día.





martes, 12 de outubro de 2021

Novas

     Recordade que, ademais das lecturas obrigatorias das distintas materias, na biblioteca temos libros para todos os gustos: grandes, pequenos, poesía, prosa, verdes, azuis, colorados... Podes vir curiosear e de seguro que atopas algo interesante.

Ademais non paramos de recibir libros novos, porque hai moitas suxestións. 

Cal é a túa?



xoves, 7 de outubro de 2021

Premio Nobel de literatura

 Non vai ser doado conseguir unha obra do galardoado este ano, traducida a unha das nosas linguas. Haberá que agardar a que se reediten.


Traducidas ó castelán:

Paraíso (1994) ed. El Aleph (descatalogada)

Precario silencio (1996)ed. El Aleph (descatalogada)

En la orilla (2001) ed. Poliedro (editorial que xa pechou)


En inglés:

Memory of Departure (1987)

Pilgrims Way (1988)

Dottie (1990)

Desertion (2005)

The Last Gift (2011)

Gravel Heart (2017)

Afterlives (2020)

Buscamos nome

 Comezamos o noso camiño cun nome provisional. Agardamos suxestións. E se son moitas votaremos a que máis nos guste. Pensade, pensade... 

Podedes deixalas nos comentarios desta entrada, na caixa que está a carón da porta ou por correo electrónico otero.biblioteca@gmail.com