xoves, 30 de novembro de 2023

Novembro: mes da ciencia

Remata este mes no que tentamos poñer á vista a ciencia e amosala dende ángulos diversos. 

E aínda nos quedadaron para decembro algúns flocos das actividades argalladas ao abeiro da biblioteca, coa colaboración dalgúns departamentos -nomeadamente o de Bioloxía- e do marabilloso grupo de apoio -alumnado entusiasta que nos acompaña nos leceres-.






Aínda está fervendo o RETO CIENTÍFICO (hoxe publicouse o nº3), con ansia por saber quen será o gañador ou gañadora! Que gran traballo fixo o departamento de Bioloxía!



E  quedan pendentes dúas exposicións de proxectos que farán alumnas de 1º de Bacharelato que gañaron en cursos pasados dous importantes premios: "The Challenge" e un certame de ideas innovadoras ligadas ao desenvolvemento sostible. Será no mes de decembro ante alumnado de 2º e 4º da ESO.

Ademais houbo  unha selección de libros de ciencia en galego e castelán á entrada da biblioteca, para que fose máis doado enredar cunha lectura diferente... non todo vai ser ler ficción!


E tamén enchemos os nosos expositores coa selección de Mulleres científicas elaborado pola Universidade de Vigo: Quero ser científica!










sábado, 18 de novembro de 2023

Leceres da ciencia en galego 4. Experimento de Michelson-Morley

 


Leceres da ciencia en galego 1. Por que a noite é escura?

 Comezamos esta serie de actividades no marco da ciencia en galego presentándovos neste video 15 canles que divulgan ciencia en galego. Escolle, mira e divulga!



E continuamos coa resposta a un ENIGMA:







Unha de medicina no club de lectura Afouteza

Estamos a preparar con ansia a próxima xuntanza do club de lectura. Por algo somos Afouteza! Moitos temas interesantes se mesturan na novela de Roberto Fernández, A inmoral doutora Cons. E, para completar, outra obra súa que recibiu o XXI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, Enfermos pobres, médicos tristes.



domingo, 12 de novembro de 2023

Premios relatos Samaín. EDLG

 






Juan Tallón

 Pronto nos volverá visitar Juan Tallón. Nesta ocasión para compartir co alumnado de 1º de bacharelato unha sesión sobre como escribir unha novela.

Deixamos aquí esta entrevista na que nos fala de Obra maestra, a súa última novela, unha historia complicada, froito dunha obsesión, á ratos inverosímil aínda que o que a fai inverosímil sexa absolutamente verdadeiro!