domingo, 23 de abril de 2023

Día do libro

 As nosas propostas







Ademais, publicaremos o marcapáxinas gañador durante a semana. 
E tamén o noso logo, despois dun concurso en colaboración co departamento de Plástica. 


venres, 14 de abril de 2023

Club de lectura Afouteza

 Marabillosa xuntanza do club de lectura de persoas adultas sobre o libro de Bibiana Candia, Azucre.




Acompañounos a autora durante dúas horas -que se fixeron curtas- por vía dixital, pero sentimos a súa presenza como se estivese entre nós. 

Houbo lembranzas, evocacións, bágoas, moita emoción. Todas as persoas do club tiñan alguén na súa memoria que podía ter estado na viaxe que narra Azucre

O libro está cheo de frases memorables; como alguén dixo: "teño medio libro suliñado". Mais tamén dos beizos das lectoras e lectores saíron frases inesquecibles: "coa túa linguaxe leváchesme ao carón da miña avoa cando me contaba contos", "comprendín por que meu avó nunca quixo falar do que lle pasara en Cuba, de onde volveu sen un can e sen un ollo", "nena, o que pasei alí non é para contar", "coidado co porco, que te come", "a importancia de chamarlle ás cousas polo seu nome"....


Tamén se falou da necesidade de sacar á luz a nosa historia, porque se non se fai, non existe; da marabillosa tradución ao galego e das ilustracións que abren fiestras á nosa imaxinación; de como se xestou esta historia; de proxectos futuros...

Foi unha moi fecunda conversa, aleitada por unha magnífica conversadora e escritora. Grazas Bibiana! Quedamos para outra!