domingo, 30 de marzo de 2025
Moito teatro!
venres, 28 de marzo de 2025
La maldición del maestro
O club de lectura aleitando continúa coa súa paixón por Laura Gallego.
Este trimestre adicárono a La maldición del maestro: leron, imaxinaron, volveron ler e compartiron as súas sensacións con e sen alfombra máxica😜
E ademais, estrenamos chapa!!!!!
mércores, 26 de marzo de 2025
Arredor do Teatro con Fina Calleja e Fernando Dacosta
Obradoiro marabilloso o que ofreceron estes dous actores a alumnado de 3º da ESO e do Club de lectura Aleitando e de 1º de ESO.
Seguimos a celebrar o teatro como nos propuxemos a principio deste curso!
martes, 25 de marzo de 2025
O último celador do vello manicomio de Celavella. Non abras a cámara!
Pódese ser máis creativo? Mateo, despois da lectura do libro de Paula Carballeira, 13 avisos, co club de lectura en galego de 1º de ES ideou este prodixio, cuns textos non menos fermosos que a propia presentación! E non foi o único que deixou voar o maxín. Ariana, Anaïs, Pablo... deleitáronnos cos seus avisos!
luns, 24 de marzo de 2025
Día da poesía
Un ano máis démoslle espazo á poesía creada no propio centro: alumnado e profesorado, algúns membros dos clubs de lectura, compartiron cun público ansioso os seus poemas.
Como complemento a todo isto engadimos novidades ao noso estante "Poesía para todos os gustos".