luns, 31 de xaneiro de 2022

Palabras tamén para a paz

 A carón das nosas lecturas de paz, a carón dos paxariños de cores,  quedou instalada a caixa das palabras que tamén son camiño para un mundo mellor. Irémola enchendo durante toda a semana.






Con todas elas,  o equipo de alumnado voluntario da biblioteca escolar, elaborará un mural ó final da semana.



Mentres tanto, a nosa biblioteca segue a medrar fóra das súas portas.





martes, 25 de xaneiro de 2022

Balea Vermella coa NASA

 




O martes 25 ás 21:00 h falaremos sobre o , o telescopio espacial máis grande e potente da historia, e farémolo coa astrofísica Begoña Vila, unha das máximas responsábeis deste proxecto. Coa colaboración de Símbolo de enlace twitch.tv/baleavermella

luns, 24 de xaneiro de 2022

Día da ilustración

 



Este ano está adicado a Reimundo Patiño (A Coruña, 1936-1985)

Pintor, gravador e autor de BD, é unha das máis importantes figuras da cultura galega da posguerra. Naceu e finou na Coruña, aínda que viviu case toda a súa vida adulta en Madrid.






 
 
Na biblioteca NÓS, exposición de ilustradores ourensáns 
 


Charla «Xaquín Marín: viaxe con Reimundo Patiño»

Con Xaquín Marín

Xaquín Marín e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético. E quen mellor que Xaquín para nos achegar á figura carismática e controvertida de Reimundo Patiño, autor que homenaxeamos no Día da Ilustración 2022.

Presenta: Neves Rodríguez

28 de xaneiro ás 11:10 | Acceso directo á gravación da charla

Retransmisión en liña través da web www.diadailustracion.gal, e mais do Youtube e do Facebook da AGPI

 

E na nosa biblioteca estamos preparando a nosa propia exposición. Seguiremos informando!

 

mércores, 19 de xaneiro de 2022

Recolocando

 Non temos moito espazo. Queremos que sexa máis doado atopar un libro e acceder a todos eles.

Ímoslle dar unha volta! E para iso, temos a axuda do alumnado voluntario: vannos contar a súa opinión sobre as melloras que podemos facer e axudarnos cos cambios. Toda unha aventura!



venres, 7 de xaneiro de 2022

Club de Cómic

 






Tal e como nos contaran na nosa visita, en xaneiro iníciase esta interesante actividade. Interésache? Participa e cóntanos a túa experiencia!