sábado, 29 de novembro de 2025

25 N

 Por desgraza temos que seguir erguéndonos nesta data (e en todas) contra a violencia cara ás mulleres. Oxalá deixaramos de publicar accións! Sería proba de que rematou este mal.

Este ano tivemos moitísima actividade, dentro e fóra da biblioteca, dentro e fóra das aulas. O alumnado de 2º de bacharelato, habitualmente alleo ao que non sexa traballo académico, reflexionou sobre o tema sen abandoar o curriculum. Analizaron relatos seleccionados polas súas profesoras de Lingua Galega: "A Marquesiña" e "A tola do monte" de Cousas de Castelao, e O Maroutallo de Otero Pedrayo. Na tradición cóntanse casos, na actualidade, ademais, DENÚNCIANSE.

Tamén no espazo de Bacharelato exhibiuse a parede de baldosas contra as violencias cara ás mulleres



Na ESO foi momento de ver a montaxe en lila de 1º.




E tamén sementamos landras nos nosos zapatos pola memoria das mulleres que xa non están e por un futuro sostible. Ogallá medren grandes e fortes!




Houbo máis cousiñas, como a convocatoria do Club de lectura para ler La mala costumbre de Alana S.Portero.  

E por suposto, démoslle unha volta ao noso espazo lila!

E moito máis!





Ningún comentario:

Publicar un comentario