domingo, 29 de maio de 2022

In memoriam Domingo Villar

 

Desgraciadamente, Domingo Villar tomou o seu último barco e deixou os nosos ollos cheos de auga, despois de chorar, orfas da súa compaña, na nosa particular praia dos afogados. Antes de partir, deixounos Algúns contos completos, agasallo final dun home bo. 
Desexámosche unha boa viaxe!







Aquí unha estupenda reseña da súa última publicación.
E, a continuación, unha das moitas entrevistas que deixou, para cando teñamos ansia de escoitalo.

domingo, 15 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

 Durante a semana pasada, o departamento de Lingua galega, o EDLG, a Vicedirección e a Biblioteca, comezaron a preparar o día das nosas letras.


MESA "COÑECE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN"





MURAL VIDA E OBRA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN








CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022



E nas aulas conectamos con: 





E lemos unha selección de poemas comezando por o que vencella a Florencio co noso instituto, ó estar adicado a Ramón Otero Pedrayo.
Da súa relación e a admiración mutua, deixa constancia a obra de ambos. Otero Pedrayo refírese a Florencio, nun artigo de La Voz de Galicia de 1973, como «un viño antigo de poesía, un fogar onde sempre quentar o espírito».


venres, 13 de maio de 2022

Nova exposición: A escritura. Taboíñas sumerias


 O alumnado de 1º de ESO traballou arreo sobre a historia da escritura e compartiu con todo o centro o resultado das súas investigacións, na extensión da biblioteca.