xoves, 28 de setembro de 2023







Hoxe celebramos que a incasábel Yolanda Castaño vén de recibir o  Premio Nacional de Poesía 2023 polo poemario Materia. Parabéns merecidísimos! Non queremos deixar pasar a ocasión para lembrar que no ano 2019 este premio foi concedido a Pilar Pallarés por Tempo Fósil, e no 2020 a Olga Novo por Feliz idade
Ese mesmo ano a ourensá Alba Cid recibe o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Así mesmo, no 2022 Marilar Aleixandre recibe o P.Nacional de Narrativa polo libro As malas mulleres. E aínda non hai un mes do Premio Nacional de Literatura dramática de Paula Carballeira, que o sábado estará na Fundación Vicente Risco organizado polo Consello da Cultura Galega na Xornada 


De O Bufón d’El Rei a O porco de pé

O teatro galego en perspectiva. 




Que marabilla! Somos un pobo de artistas, como adoita dicir o tamén escritor polifacético Xurxo Souto!



luns, 25 de setembro de 2023

Día europeo das linguas






Ademais, nalgunhas clases traballouse cos materiais da páxina oficial do Día europeo das linguas. Saúdamos en linguas que non coñeciamos, afondamos en datos curiosos sobre as linguas europeas, fixemos de detectives coa pedra Rosseta..., pero sobre todo, deixámonos asombrar pola riqueza lingüística que nos rodea!




domingo, 24 de setembro de 2023

Portas abertas!

 Comezamos o novo curso. Aínda co gusto nos beizos da última actividade do curso pasado, o roteiro de Olga Novo!






Temos moitas propostas para o novo curso que iremos publicando a pouquiños, para non empachar!