martes, 18 de outubro de 2022

Escribir na biblioteca escolar: Obradoiro de creación dramática

Dentro das actividades do día das escritoras, o Otero Pedrayo contou coa mellor para dar un obradoiro de teatro: Celia Díaz.
O alumnado de 1º ESO fixo improvisacións, coñeceu as principais características dun texto teatral, creou e representou. A nosa biblioteca encheuse de historias vividas por un sinfín de monicreques... Que actividade tan bonita!
Grazas, Celia, pola maxia que lle pos a cada actividade que desenvolves.











sábado, 15 de outubro de 2022

luns, 10 de outubro de 2022

Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández

 Ismael Ramos, poeta nado en Mazaricos, acaba de ganar este magnífico premio. En breve teremos algún dos seus libros á vosa disposición.

Mentres, aquí tedes unha entrevista para ilo coñecendo mellor.



luns, 3 de outubro de 2022

Clara Campoamor. O voto feminino en España

 


O 1 de outubro de 1931, produciuse nas Cortes Constituíntes o debate e a votación que levaron a incorporar o voto feminino á constitución que se estaba elaborando e que sería aprobada no mes de decembro.
A principal impulsora de que o sufraxio feminino fose unha realidade foi CLARA CAMPOAMOR. Desde a biblioteca do Otero Pedrayo recordámola e rendémoslle homenaxe a esta avogada, feminista, autodidacta e muller valente, tan esquecida durante anos.