sábado, 30 de abril de 2022

Xurxo Mariño

 O EDLG organizou a visita de Xurxo Mariño ó noso centro, para falar desa grande marabilla que é a linguaxe. 

Ademais de presentarnos o resultado dos seus estudos ou doutros científicos, fíxonos reflexionar sobre aspectos que, de tan asumidos que os temos, parecíannos irrelevantes.


Hai sistemas de comunicación animal que se poidan denominar linguaxe?

Que características fan a linguaxe humana única?

Por que o ser humano nace "a medio facer"?

Cando comeza o proceso de aprendizaxe das linguas?

En que repercute, ademais de na mellora da comunicación, o coñecemento de máis dunha lingua?

A resposta a todas estas preguntas e moitas máis están no seu libro Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe (2020). Xerais. 

Na nosa biblioteca tedes á vosa disposición este libro e outros deste grande científico e xeneroso divulgador.



luns, 25 de abril de 2022

Chegou o día, chegou a romaría

 
O mercadiño de libros foi todo un éxito. Atendido polo extraordinario equipo de biblioteca, causou a envexa de quen non se animara ou esquecera traer algún para intercambiar polas marabillas das que xenerosamente outros se desprenderan.

Coma esta gran lectora que se animou a marchar co Alquimista de Paulo Coelho en francés!








E, como estaba previsto, repartimos os marcapáxinas ganadores do concurso!













venres, 22 de abril de 2022

Día do libro

 



E así o celebraremos na biblioteca do IES Otero Pedraio!



Mirade que fermosos os marcapáxinas ganadores do noso concurso:





Parabéns a Tatiana e Naia!


Comezamos a festa do libro xa esta semana, coa presentación o día 20, no noso Paraninfo, de O nome da rosa, tradución ó galego desta obra de Umberto Eco que xa está dende novembro entre as nosas recomendacións de lectura!



O luns será o día da participación de todo o centro! Libros por todas partes!





domingo, 3 de abril de 2022

O porco de pé e o IES Ramón Otero Pedrayo

 Nos seus artigos xornalísticos, o arqueólogo José María Eguileta F. vainos contando a historia da nosa cidade. Nesta ocasión contextualiza a obra de Vicente Risco no espazo (Ourense) e no tempo (principios do S.XX), e remata cunha referencia ó noso edificio.

No ano 1927 produciuse un grande incendio que afectou especialmente ó espazo que ocupaba a nosa biblioteca (que daquela tamén era a Biblioteca Provincial). Con este incendio remata O porco de pé.

(Pincha na imaxe para ler o artigo)