mércores, 30 de novembro de 2022

Club de Lectura: Afouteza con Juan Tallón

Onte á tardiña, xuntabámonos na biblioteca do Otero Pedrayo nais, pais, profes e as nosas amigas-convidadas da Cruz Vermella de Ourense, co escritor JUAN TALLÓN. Pasamos un anaco ben agradable conversando sobre a súa novela REWIND, tan magnífica como sobrecolledora.
A experiencia non puido ser máis positiva e Tallón non puido ser máis próximo, encantador e humilde. Que gusto contar na nosa cidade con escritores da talla literaria e humana de Juan Tallón! Mil grazas por acompañarnos. Todo un luxo para o Otero Pedrayo









mércores, 23 de novembro de 2022

25-N. O tratamento da violencia contra as mulleres na prensa.

 O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO traballou durante estas últimas semanas neste proxecto.





O resultado presentouse hoxe como complemento á charla "Tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos mass-media" (Plan proxecta 365 días)













domingo, 6 de novembro de 2022

Club de lectura. ALEITANDO!!!



O pasado xoves, no lecer, tivemos a primeira reunión do club de lectura ALEITANDO
Repartimos os libros de Harry Potter e a pedra filosofala nosa primeira lectura deste curso, e fixemos algo de maxia...
A próxima reunión será o día 7 de decembro pola tarde, para ter tempo dabondo para falar das impresións que nos causou esta lectura. E quizais vexamos un cachiño da película que se fixo a partir do texto.