mércores, 30 de marzo de 2022

Semana do teatro


Esta semana celebramos o día do teatro.


 

 E sen afastarnos do teatro, continuamos coas actividades vencelladas á Xeración Nós. Hoxe o alumnado de 4º da ESO irá á estrea mundial da montaxe teatral sobre o texto de Vicente Risco, O porco de pé. 

 

Aproveitamos para recordar que o teatro é para ver e tamén para ler!

Na nosa biblioteca temos esta preciosa edición da obra!

 

 



luns, 21 de marzo de 2022

Recitando!

 



As poesías saíron da caixa na que agardaban voar polo corredor. 

Pincha na imaxe e verás canta xente se animou a ler a súa poesía favorita!




Incluso en linguas antigas!



sábado, 19 de marzo de 2022

Día da poesía

Preparamos con agarimo este día: estrearemos novo espazo poético para todos os gustos.





E alumnado e profesorado escolleu os seus poemas para ler o luns.













mércores, 9 de marzo de 2022

Copérnico

 A biblioteca do IES Otero Pedrayo de Ourense agocha moitos tesouros.

Un deles, salvouse de miragre do incendio do 7 de decembro de 1927.  Pese a que hai quen di que Os libros arden mal, neste caso a maioría dos que durmían nos andeis da que daquela era a Biblioteca Pública de Ourense, ademais de instituto, convertiuse en pura cinza.

Pero non o De revolutionibus orbium coelestium, unha segunda edición de 1566, quizais porque alguén o invitara a pasar a noite fóra. O destino. 

Aproveitando que alguén se atreveu a poñer en galego o que en orixe estaba en latín, mañá teremos unha sesión coperniquiana: falarannos os tradutores de como foi o seu traballo, e falarannos os que hoxe coidan o noso Copérnico, de como se atopa e de que hipóteses se barallan sobre como foi posible que un tesouro así chegase a Ourense.

E despois da charla, trataremos de que Copérnico, autor, obra e libro, deixe pegada en todo o alumnado do noso centro.

Este é o plan:



Día despois do día da muller

 Moitas actividades se celebraron onte no noso centro para recordar que aínda cómpre ter un día da MULLER

A continuación imaxes dalgunhas delas:











martes, 8 de marzo de 2022

Mulleres pioneiras

 Unha ducia de mulleres pioneiras en Galicia. Pero hai moitas máis. E detrás das pioneiras...


O 4 de marzo de 1945 Francisca Herrera foi elixida académica na Real Academia Galega. Era a primeira muller en ser nomeada, aínda que non chegou a exercer. Ata corenta anos despois non foi nomeada outra muller, a ourensá Olga Gallego.


domingo, 6 de marzo de 2022

mércores, 2 de marzo de 2022

Preparamos o 8 de marzo

Igualdade de xénero hoxe para un mañá sustentable

 Este é o lema do día da muller 2022. Con el recoñécese a contribución das mulleres e as nenas de todo o mundo, que están a liderar os esforzos de resposta, mitigación e adaptación ao cambio climático para construír un futuro máis sustentable para todas as persoas.

Para ir entrando en materia, atrévete a facer este cuestionario sobre "Muller e cambio climático"