mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

Chegou o día, chegou a romaría. 

Chegaron as flores que se espallaron cos versos polos corredores.







Alumnado voluntario da Biblioteca repartindo flores e versos de Rosalía.







E o alumnado de 1º de Bacharelato C  elaborou este precioso mural "Sementando Pensamentos"




O alumnado de 3º e 4º da ESO preparou un festival de poesías de Rosalía: recitadas, con música, en diferentes linguas, con diferentes acompañamentos... 

Todo POR ROSALÍA!

martes, 22 de febreiro de 2022

Vai chegar Rosalía

 Na biblioteca preparamos unha caixa de versos de Rosalía para mañá. E tamén chegarán as flores. 

 

A nosa mesa de escolmas loce moi fermosa!




xoves, 10 de febreiro de 2022

Día internacional da muller e a nena na ciencia

 



No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

 
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. 

Durante esta semana o equipo de voluntariado, preparou unha selección de obras que nos lembran mulleres científicas.
 

mércores, 9 de febreiro de 2022

Palabras para a paz

Hoxe Elizabeth e Naia colocaron no mural as palabras para a paz recollidas a semana pasada. Parabéns a todas as persoas que participaron!






luns, 7 de febreiro de 2022

CÓMIC

 Coñecedes este programa? Se che gusta a novela gráfica, o cómic, a ilustración... pincha na imaxe e escoitarás o último programa, no que, entre outras moitas cousas, nos informan da próxima celebración do día do cómic: o primeiro sábado de marzo.




Tamén nos recomendan algunhas novidades:




E tamén podes mandar as túas recomendacións


sábado, 5 de febreiro de 2022

Voluntariado

Como  fomos informando, precisamos máis espazo para que as marabillas que a nosa biblioteca garda se vexan mellor e se utilicen máis.

Despois duns días de formación (xestión e catalogación de fondos, ubicación, disposición segundo as etiquetas...), o alumnado do programa de voluntariado xa iniciou o seu traballo! 






Mentres un grupo pon cada cousa no seu novo sitio, outro grupo está preparando novos carteis que permitan localizar con facilidade o que se busca. E tamén, abrir un espazo informativo da biblioteca no noso "Instituto anexo". Alí traballan varias rapazas de 1º e 2º de Bacharelato!