xoves, 25 de novembro de 2021

NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

 Xa temos o noso espazo lila. VISÍTAO, leva lecturas que che abrirán os ollos.



E aquí unha fermosa escolma de poesía feita no IES San Paio que vos recomendamos



Mes da ciencia en galego: a revista Mazarelos chega á nosa mesa




Revista que recolle artigos vencellados ás Ciencias Sociais en galego, sen límites temáticos ou cronolóxicos. 

Xa nos chegou o número 6, e a partir de agora, iremos incorporando todos os números novos. 

Sorprenderédesvos da variedade e calidade dos artigos que publican!


Mes da ciencia: AULAS NEWTON

luns, 22 de novembro de 2021

mércores, 17 de novembro de 2021

Máis ciencia en galego. Botellón científico!

 

E hoxe presentámosvos a canle de youtube Balea Vermella (tamén presente en twitter e instagram), que neste video comparte varios temas de divulgación científica feitos por expertos comunicadores: planificación dunha observación astronómica, baleas asasinas?, a fala das bacterias. Un cóctel moi divertido!


martes, 16 de novembro de 2021

Galiciencia

 Neste mes da ciencia en galego, queremos recordar este proxecto que se describe a:

"Queremos que sintas a ciencia e que a desfrutes durante todo o ano. Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de acercar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición".



Se tes algunha idea para un proxecto, busca axuda (na biblioteca podemos darcha) e vai preparando o deseño para cando se abra o prazo de inscrición. Tamén se pode ir de visita. Mira estes videos, para ir abrindo o teu apetito científico!









mércores, 10 de novembro de 2021

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 Entre Samaín, e o magosto, o mes de novembro verqueu os seus froitos na nosa biblioteca


Agora tócalle a vez á CIENCIA en galego. 

















Os nosos corredores xa están cheos de vitrinas que  "acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender" (Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial)





Durante este mes abrimos as nosas portas á Xeración Nós, un bo número de cuxos membros estudiaron neste instituto. E tamén moi vencellada á ciencia e ó saber en xeral.


 

Contaremos coa presenza dalgún científico que nos exporá como se traballa na súa área de coñecemento. Cremos que serán de moito interés!
E, como non, sacaremos dos andeis libros fermosos que nos acheguen aspectos da ciencia descoñecidos. Coma este 



Ademais, aquí tedes un catálogo de libros e actividades que podedes consultar.
Seguiremos informando!










martes, 2 de novembro de 2021

Premios de Samaín

 

Daniel Toro, gañador do concurso "Relatos de medo", organizado polo ENL



E este é o seu relato:





E estas son as imaxes de medo con microtextos de medo, gañadoras do premio organizado pola biblioteca. Parabéns Alba e Carla, de 2º de ESO A!