venres, 29 de marzo de 2024

Nais e fillas

No club de lectura Afouteza levamos tempo achegándonos ás relacións materno-filiais, con miradas diversas . Da Felicidade da Olga Novo a O verán no que miña nai tivo os ollos verdes e Stoner. As catadoras estamos agora relambédonos con estas dúas novidades:





xoves, 21 de marzo de 2024

Día da Poesía





Esta semana adicada á POESÍA  comezou o martes co obradoiro que impartiu Silvia Penas ao alumnado de 1º de Bacharelato. Unha marabilla! 

Déixovos un dos seus videopoemas: 




Abriu unha porta á creación máis actual e explicounos cales son os seus códigos, as súas ferramentas, a materia coa que ela modela os seus poemas.






E hoxe Reinterpretando a Lorca. No. No me encontraron



Microrrelatos elaborados e recitados por alumnado de 4º de ESO, a partir do verso de Lorca. 



E De Lorca a Leonard Cohen, a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato.




Ao volvermos das vacacións, abriremos a nosa caixa da poesía que seguro que nos ha dar fermosas sorpresas!




sábado, 16 de marzo de 2024

Aleitando con Nassima

 O club de lectura Aleitando xuntouse outra vez para falar de Nassima, á sombra dos talibán, de Merçè Rivas Torres. Ademais compartiron con todos nós os seus traballos neste fermoso mural! Parabéns!








xoves, 14 de marzo de 2024

Stoner. Punto final

Fin da viaxe con Stoner no Centro interxeneracional da Farixa. Escoitamos embelesadas a voz de Luz, que, sen lentes, nos leu algunha parte da historia. E mesturamos a peripecia da súa familia coa de Stoner, que xa é como da nosa! A próxima lectura leva o nome desta ávida lectora!





sábado, 9 de marzo de 2024

Sen Cancelas

A exposición sen Cancelas, organizada polo Consello da Cultura Galega, chegou á biblioteca do Otero Pedrayo, como prólogo das Xornadas pola diversidade e coincidindo coas actividades do Día da Muller. Un gran traballo co que aprenderemos todas! Este é o menú que nos ofrecen:

1. A humanidade, unha especie diversa 
2. Da diferenza á disidencia
3. As que saíron do curro
4. Camiños de ida e volta
5. Chanzos cara á emancipación
6. Achegas na igualdade de dereitos
7. Referentes galegas de onte e de hoxe







O alumnado de 1º e de 4º ESO D xa pasou por alí, reflexionando sobre a Memoria do arco da vella en Galicia. Otero Diverso segue a construír espazo seguro para a DIVERSIDADE















Pódese visitar ata o 15 de marzo!

venres, 8 de marzo de 2024

8 MARZO

 A actividade de todo o centro xira nestes días ao redor da muller, con toda a súa complexidade, a súa diversidade, a súa riqueza.

Este foi o programa presentado pola Vicedirección e completado coas aportacións de toda a comunidade educativa. Estas son as imaxes que recollemos:

















xoves, 7 de marzo de 2024

Club de lectura Afouteza. Stoner

Hoxe o Club de lectura Afouteza, formado por nais, pais, profesores e profesoras, persoal non docente, antiguas alumnas e outras persoas vencelladas ao centro, reuniuse para mirarlle as entrañas a Stoner, de John Williams. 
Un home gris ou de cores? Un home coherente, con principios, loitador cando quere ou un indolente miñaxoia que non é quen de pelexar nin pola súa filla nin polo amor da súa vida? Un simple narrador dunha vida sen "fogos de artificio" ou un narrador que xoga co lector? Unha novela psicolóxica, ben construída, habilmente deseñada ou unha novela clásica sen transcendencia? O debate foi fecundo, animado e rico. 
Completamos o intercambio de sensacións coa visión do traductor
ao galego, Moisés Barcia,
que xenerosamente compartiu a súa experiencia de mediador lingüístico nesta e noutras obras, e tamén a de editor que trata de sacar adiante a publicación de obras de valor en galego.
Saímos felices, con ganas de máis lectura, de máis coñecemento! 
Proximamente achegarémonos ao Centro Interxeneracional da Farixa para rematar o debate cos membros de máis idade do club que non puideron achegarse.
Alégranos moito que o noso club medre en participantes e en experiencias!