mércores, 21 de decembro de 2022

Recomendacións para as vacacións

 

Este é o noso menú navideño no que non falta o produto local en dous pratos principais: novela e novela gráfica.
Por suposto, un clásico sempre está ben, e algún que acaba de ser  reeditado cun aspecto moito máis apetecible.
Non esquecemos a música e a ciencia, a poesía e a lembranza dos que marcharon.
En fin, o que non le é porque non o probou abondo!
Boas vacacións e boas lecturas.




domingo, 11 de decembro de 2022

Club de lectura Aleitando


Se o club de lectura de adultos foi un éxito, o dos máis pequerrechos aínda o superou! O alumnado de 1º ESO escolleu a Harry Potter para este primeiro trimestre e supuxo que todos e todas nos trasladaramos a Hogwarts. Non faltou o director do centro, nin profes, nin experimentos de maxia, nin corvos nin bruxas...
Foi unha experiencia ben chula que se completará a vindeira semana co visionado do filme.





sábado, 10 de decembro de 2022

Mes da ciencia en galego

 Rematamos o mes de novembro con esta actividade que agardamos repetir!



Dúas profesoras do departamento de matemáticas, Emilia e Laura, combinaron os seus coñecementos matemáticos e físicos, coa súa capacidade divulgativa para amosarnos o funcionamento da bobina de Tesla. Ademais meteron unha nube nunha botella!

Maxia, ciencia? 



E para saber máis de Tesla, se nalgún momento ides a Madrid, unha magnífica exposición