Chegadas a estas datas a nosa biblioteca, os corredores, os recunchos énchense de sorpresas que nos fan 😱😱😱
Javier Fontenla, unha vez máis, agasállanos cos seus contos terroríficos. Atréveste a lelos?
E non podía faltar a mesa de lecturas variadas, cun elemento común: MOITO MEDO!
E, por suposto, non podía faltar o concurso de relatos de terror, que este ano ten como punto de partida a lectura dos 13 Avisos de Paula Carballeira. E ti, a que lle tes medo? Veremos quen nos asusta máis, o premio ha ser TERRORÍFICO!











Ningún comentario:
Publicar un comentario