xoves, 23 de outubro de 2025

Semana das bibliotecas

O lema deste ano é Contra a desinformación, bibliotecas, co que se trata de chamar a atención sobre a importancia de acceder a fontes de fiar, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.



O equipo de biblioteca do IES Otero Pedrayo, coa axuda da Asesoría de B.E. de Galicia, elaborou as seguintes propostas que se iniciarán o día 24 de outubro e continúan a semana seguinte (todo na medida en que cadaquén o estime oportuno e con cabida para as aportacións persoais):
  • Día das bibliotecas, venres, 24: Texto para lectura en voz alta na Hora de Ler.  Este texto fala sobre as bibliotecas, sobre a nosa en particular (tamén sufriu un grave incendio hai case 100 anos!) e dá información algunha para a resolución dos enigmas que se darán a coñecer o luns, 27 de outubro.
  • Venres 24 de outubro ás 10 h: Charla en liña, ofrecida por La Voz de Galicia, pensada para alumnado de educación secundaria, a cargo do xornalista César Rodríguez, dende a biblioteca do iES Urbano l. de Malpica. Tratará sobre a IA (desInformAción) e abordará cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.  

    Despois da emisión en directo quedará dispoñible en diferentes plataformas para que aquelas persoas interesadas poidan acceder ao contido en diferido.

  • Luns, 27: "Resolve os tres misterios". Actividade de investigación dirixida ao alumnado da ESO, xa publicitada no pantallón durante esta semana. Os misterios e algún material para resolvelos estará na Biblioteca. Ademais de material bibliográfico, os participantes poderán facerlle dúas preguntas ao profesorado (evidentemente non a resolución dos misterios), e tamén guiarse polo que escoiten no texto da H. de L. xa mencionado. Non chega con responder as preguntas, teñen que indicar as FONTES.







  • Mesa de libros que tratan de bibliotecas públicas e privadas, librarías, lectores e lectoras voraces...


Ningún comentario:

Publicar un comentario