Chegadas a estas datas a nosa biblioteca, os corredores, os recunchos énchense de sorpresas que nos fan 😱😱😱
Javier Fontenla, unha vez máis, agasállanos cos seus contos terroríficos. Atréveste a lelos?
Chegadas a estas datas a nosa biblioteca, os corredores, os recunchos énchense de sorpresas que nos fan 😱😱😱
Javier Fontenla, unha vez máis, agasállanos cos seus contos terroríficos. Atréveste a lelos?
O lema deste ano é Contra a desinformación, bibliotecas, co que se trata de chamar a atención sobre a importancia de acceder a fontes de fiar, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.
Venres 24 de outubro ás 10 h: Charla en liña, ofrecida por La Voz de Galicia, pensada para alumnado de educación secundaria, a cargo do xornalista César Rodríguez, dende a biblioteca do iES Urbano l. de Malpica. Tratará sobre a IA (desInformAción) e abordará cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.
Despois da emisión en directo quedará dispoñible en diferentes plataformas para que aquelas persoas interesadas poidan acceder ao contido en diferido.
1975: Escribide, compañeiras!
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
Anna Caballé, comisaria da X edición del Día de las Escritoras
Segunda parte da visita á Biblioteca Nós e á exposición Heart of Gaza
A corazón aberto, creacións marabillosas, puntos de vista que completan o mapa.
Na procura da verdade.