domingo, 12 de outubro de 2025

Día das escritoras

  1975: Escribide, compañeiras!


"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo". 

Anna Caballé, comisaria da X edición del Día de las Escritoras


Coma en edicións anteriores, sumámonos á convocatoria e preparamos as seguintes actividades:
  • Selecta de textos para ler en voz alta durante a Hora de Ler.
  • Exposición As Sinsombrero: no corredor da biblioteca. Para coñecer mulleres artistas (non só escritoras) pouco coñecidas da coñecida Xeración do 27
  • Mesa de Escritoras: no corredor da biblioteca. Para achegarnos a libros escritos por mulleres.
  • Editatona: promovido pola Biblioteca Nacional. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario