xoves, 7 de novembro de 2024

Moito teatro!

 



Imos comezando a facer teatro dentro e fóra da Biblioteca. Hoxe tocoulle ao alumnado de 1º da ESO cuha visita dramatizada polas rúas da nosa cidade, para descubrir  OS SEGREDOS DOS FRANCISCANOS!

Dentro da programación do Arquivo histórico provincial de Ourense e coa guía de Xoana "a lavandeira" e o franciscano Frei Xan chegamos ata o magnífico claustro, único vestixio do antigo convento.
Polo camiño coñecemos o Correxidor, o Bispo, as súas disputas... E no claustro houbo competición para interpretar os capiteis... e recoller agasallos!
Unha clase de Historia con moito teatro!!!
O club de lectura de 1º de ESO tivo moito do que falar despois desta experiencia!







Ningún comentario:

Publicar un comentario