Seguimos no ciclo festivo do outono co MAGOSTO! Mañá celebrarémolo no IES a partir das 11.30: XOGOS POPULARES, CANTIGAS E CANTAREIRAS, ENTREGA DE PREMIOS dos CONCURSOS DE SOBREMESAS E DE RELATOS DO SAMAÍN e, por suposto, CASTAÑAS.🪀🎶🥁🎁🥨🫓🥞🌰🌰🌰
Unha vez máis, os usuarios do CENTRO DE DÍA DA FARIXA, virán compartir con nós festa e conversa neste bonito proxecto de INTERCAMBIOS INTERXERACIONAIS xa consolidados.🧓🧑🦲🧑🦳🧑🦱🧑🦰🙍🧑🧒🧓
O MAGOSTO e as tradicións teñen espazo nas nosas clases. Como mostra aquí vos deixamos esta bonita recolla e actualización de cantigas de magosto de Nate, membro do equipo de biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario