mércores, 10 de novembro de 2021

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 Entre Samaín, e o magosto, o mes de novembro verqueu os seus froitos na nosa biblioteca


Agora tócalle a vez á CIENCIA en galego. 

















Os nosos corredores xa están cheos de vitrinas que  "acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender" (Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial)





Durante este mes abrimos as nosas portas á Xeración Nós, un bo número de cuxos membros estudiaron neste instituto. E tamén moi vencellada á ciencia e ó saber en xeral.


 

Contaremos coa presenza dalgún científico que nos exporá como se traballa na súa área de coñecemento. Cremos que serán de moito interés!
E, como non, sacaremos dos andeis libros fermosos que nos acheguen aspectos da ciencia descoñecidos. Coma este 



Ademais, aquí tedes un catálogo de libros e actividades que podedes consultar.
Seguiremos informando!










Ningún comentario:

Publicar un comentario