martes, 16 de novembro de 2021

Galiciencia

 Neste mes da ciencia en galego, queremos recordar este proxecto que se describe a:

"Queremos que sintas a ciencia e que a desfrutes durante todo o ano. Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de acercar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición".



Se tes algunha idea para un proxecto, busca axuda (na biblioteca podemos darcha) e vai preparando o deseño para cando se abra o prazo de inscrición. Tamén se pode ir de visita. Mira estes videos, para ir abrindo o teu apetito científico!









Ningún comentario:

Publicar un comentario