Este ano temos moitas novas, como estades vendo! Hoxe presentámosvos o Club de lectura de Ciencias. Animádevos a participar! E haberá que lle buscar un nome?
Temos unha escolma de textos preciosos para o noso tempo de lectura. E que me dicides da mostra de libros de amigas e escritoras? Hai moito onde escoller!
E como guinda do pastel, temos a presentación dun fermosísimo libro escrito por unha muller do S.XII, científica, filósofa, música, relixiosa.... cantas sorpresas nos depara! O que presentamos é a tradución do seu Libro de las plantas, obra de Maite Jiménez, acompañado dunha exposición das láminas das prantas, e de recipientes, instrumentos e outros obxectos rescatados dunha farmacia case tan antiga coma os textos.
Marabilla, marabillosa!
Estámonos preparando para celebrar este día baixo o lema proposto pola Biblioteca Nacional, As amigas, unha forma de liberdade.
Propostas?
Arranca o club de lectura de 3º, 4º, 1º e 2º de Bacharelato. Anótate!
E comezamos cun clásico moi interesante, Noches blancas de F. Dostoievski e este menú tan apetecible!
Aquí podedes ver o resumo das nosas
RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
Con este marabilloso traballo da EDLG celebramos a multiplicidade de linguas no noso centro, na nosa vida!
Abrimos as portas con moita ansia, con moita ilusión por incorporar novas persoas a este proxecto, e novos proxectos a estas persoas!
Apúntaste?
Empezamos!
O lema do curso
Non puidemos rematar mellor o curso dos Clubs de lectura!
Onte, día abafante de calor, procuramos frescura nas pedras da Casa Museo de D. Ramón Otero Pedrayo para falar, entre as paredes que foron o seu fogar, da vida e da extensísima obra do Patriarca.
E iso foi no primeiro que salientamos: a prolixidade e heterexoneidade da súa obra. Prosa, poesía, teatro, ensaio, oratoria, xeografía, biografía, xornalismo... Quen dá máis?
Falamos polo miúdo dalgúns dos seus relatos, da riqueza do seu vocabulario e das dificultades para lelo ás présas (tal como estamos afeitas a facer case todo no noso tempo). E acordamos que quizais ler a Otero sexa tamén un bo exercicio para fuxir das Mil cousas que nos atoan e nos impiden gozar da lectura detida nesta Sociedade do cansanzo.
Falamos tamén da Guía de Galicia e de Orense, referentes para turistas con interese en afondar nos lugares que visitan; da representación da Lagarada na propia casa do autor; do seu estilo tan cinematográfico en ocasións; das lembranzas do seu vivir con referencia á súa entrada no Instituto; da xeografía presente en todas as obras; da conexión queer (?) no relato do Maroutallo...
E como non, da ligazón entre a paisaxe (tamén sonora), descrita profusamente, e os sentires e emocións dos personaxes. E quedamos colgadas na baranda do corredor que dá ao sur observando o lugar onde medrara e morrera o seu "irmanciño", a árbore que, dalgún xeito, o acompañou ao Alén. Probablemente con esta ollada á contorna da casa tratamos de meternos na pel de D. Ramón e acabar de comprender o home que había detrás do escritor. Ou non.
Neste percorrido, físico, literario, sensitivo, acompañounos Andrea Estévez da Fundación Otero Pedrayo. Cantas cousas nos contou que descoñeciamos porque non veñen nos libros ou nunca escoitaramos. Andrea, ademais de contarnos a historia da casa e quen a habitou, fíxonos repararar en elementos clave na vida e obra de D. Ramón: o mapa de Fontán, o cadro de Castelao, a cantidade inxente de libros en tantos idiomas, o seu despacho...
Ademais de Andrea, tamén nos acompañou a revista Rañolas, cos seus artigos especiais sobre Otero, algún incluso con son! Que marabilla, canto traballo non só de elaboración senón de recopilación de materiais dispersos producidos ao abeiro do Stembach, das aulas, dos roteiros...
En fin, fecundísima visita para rematar a nosa andaina con Afouteza! Grazas a todas as participantes!
Unha semana de moita Diversidade!
O Club de lectura Diverso uniuse co Afouteza para recibir a Carlos Callón que nos deixou abraiadas coas Historias e Vidas LGBT da Idade Media! Xa leramos e comentaramos algunhas destas historias que aparecen no seu libro, pero escoitalo a el foi unha experiencia incrible!
Despois da reunión do xurado, o xoves 4 de xuño, na Capela do centro, acadaron o premio:
Na categoría de Maiores de 18 anos Selenitas, de Raquel Castro Martínez. O xurando salientou o xeito divertido co que trata temas importantes.
Na categoría de Menores de 18, Derrubando fronteiras de formigón de Mateo Silva Conde, alumno do centro. O xurando salientou como fala dos muros que separan as persoas.
Parabéns e grazas pola participación a todas as persoas que presentaron obras!
O ano próximo, máis!.
![]() |
| Carme Gómez, Elvira Moroño, Raquel Castro, Mateo Silva Conde e Nate Pazos |
As nosas recomendacións de lecturas para o verán están empezando a meterse na maleta. Podes traer as túas!!!