venres, 17 de abril de 2026

Expurgo e ordenación

 Hai tempo que iniciamos esta tarefa. Algunhas compañeiras de cursos anteriores traballaron arreo para que os libros que xa non usamos deixen sitio ós novos. 

E agora continuamos nós. Quedáranos pendente a parte de Ciencia. Tiñamos dúbidas sobre se darlle prioridade á exposición da divulgación ou á facilidade para atopar os libros.

Debatimos e chegamos a acordos. O resultado irase vendo, valorando e se temos que rectificar, non pasa nada.

E tamén intercambiamos opinións sobre como queremos que sexa a nova rotulación dos espazos. Ata abrimos unha enquisa para decidilo! Non é doado decidir o material e o deseño, coma sempre, abaneamos entre o clásico e o moderno. 

Agardamos acertar, ou non equivocarnos moito. O resultado non estará ata finais de curso! 

En canto ós cambios de ordenación, seguimos a CDU simplificada. E faremos algunha sesión de información co alumnado voluntario e cos grupos que o soliciten, despois de informar as titorías.







Ningún comentario:

Publicar un comentario