venres, 6 de febreiro de 2026

Radio na Biblio

Este ano iniciámonos na Radio. É un traballo novo para o alumnado e tamén para o profesorado implicado no proxecto. Por iso levamos uns meses preparándonos, informándonos e asesorándonos.

O noso agradecemento á biblioteca José Ángel Valente,  Bibliodoce,  co seu guía Carlos polos seus consellos derivados do camiño percorrido con Radio Canedo, referente desta actividade e na memoria de Ponte Canedo. A partir de agora seguiremos os seus pasos para a procura da memoria do Posío como porta de entrada (no tempo e no espazo) á cidade de Ourense.


Visita das nosas enviadas especiais a Radio Canedo

E tamén o noso agradecemento a Sergio Pascual pola súa entrega no obradoiro que impartiu ao noso alumnado e profesorado. Foi moi instrutivo pero tamén ameno e motivador. Conseguiu engaiolar o personal e atoparlle o seu espíritu radiofónico. 











Habemus radium e ..... asubiamos

En breve, o noso propio asubío, que vén de camiño.




Ningún comentario:

Publicar un comentario