Rematou o mes de novembro, adicado á ciencia en galego, pero algunhas actividades prolongaranse en decembro.
Saíron cousas marabillosas que merecen perdurar! Como os experimentos no lecer que acabaron convertíndose en Feira de ciencia e que souberon a pouco no tempo de lecer. Que bo traballo!
Primeiro de ESO traballou a fondo con Tales de Mileto. Aínda nos falta o broche final: medir o noso instituto como fixo Tales coas pirámides. Témolo todo preparado para un día en que haxa SOL e SOMBRA!
E o todo o alumnado de 1º de ESO interpretou os nomes científicos dos animais que colgan nos corredores, despois de aprender un pouquiño de grego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario