O alumnado de 3°ESO inaugurou as actividades do curso 24/25 cunha saída ao teatro Principal (inmersión total no tema deste ano das B.E.!).
Asistimos, en sesión escolar, á nova estrea de Sarabela Teatro:
A directora da obra, Fina Calleja, explicou que esta autoprodución de Sarabela Teatro, basada no texto de Nunila López Salamero, “é un conto moderno para nenos e nenas que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo. É un alegato que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser”.
Gústamos moito de Sarabela!
Imos ter moito teatro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario