sábado, 4 de maio de 2024

Premio de deseño de marcapáxinas

Entre as actividades ao redor do Día do libro, o concurso de deseño de marcapáxinas ten unha longa tradición no Otero Pedrayo.

Este ano houbo moita participación grazas á colaboración do Departamento de Plástica. Por iso o xurado tivo difícil decidir cal sería o escollido para levar á imprenta e ser agasallo para toda a comunidade educativa. 

Finalmente foi Daniela Rodríguez Márquez, alumna de 4º da ESO, a que acadou o premio. Como finalistas acompañárona Polina, Irene, Sara, Gaia e Sabela.

Parabéns a todas elas! 














As voluntarias e voluntarios da Biblioteca encargáronse do reparto! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario