Esta semana adicada á POESÍA comezou o martes co obradoiro que impartiu Silvia Penas ao alumnado de 1º de Bacharelato. Unha marabilla!
Déixovos un dos seus videopoemas:
Abriu unha porta á creación máis actual e explicounos cales son os seus códigos, as súas ferramentas, a materia coa que ela modela os seus poemas.
E hoxe Reinterpretando a Lorca. No. No me encontraron.
Microrrelatos elaborados e recitados por alumnado de 4º de ESO, a partir do verso de Lorca.
E De Lorca a Leonard Cohen, a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato.
Ao volvermos das vacacións, abriremos a nosa caixa da poesía que seguro que nos ha dar fermosas sorpresas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario