Acaba de chegar o volume 5 de Heartstopper, primeiro en inglés e despois en castelán. Vai de man en man. Coméntase en pequenos grupos, xa hai ansia por que apareza o 6!
E por iso, pareceunos boa idea quedar sen présa para comentar as nosas impresións sobre este éxito editorial. Que é o que engancha? Os personaxes? O tema? O xeito de tratar o que acontece entre adolescentes?
O venres extendemos a alfombra máxica dos nosos clubs de lectura e escoitamos as voces emocionadas de Aroa, Íker, Pablo... HeartstopperFANS!
Por suposto, tamén intercambiaron impresións sobre o paso do libro á serie de televisión! Un pracer compartir charla con lectoras e lectores entusiastas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario