xoves, 7 de marzo de 2024

Club de lectura Afouteza. Stoner

Hoxe o Club de lectura Afouteza, formado por nais, pais, profesores e profesoras, persoal non docente, antiguas alumnas e outras persoas vencelladas ao centro, reuniuse para mirarlle as entrañas a Stoner, de John Williams. 
Un home gris ou de cores? Un home coherente, con principios, loitador cando quere ou un indolente miñaxoia que non é quen de pelexar nin pola súa filla nin polo amor da súa vida? Un simple narrador dunha vida sen "fogos de artificio" ou un narrador que xoga co lector? Unha novela psicolóxica, ben construída, habilmente deseñada ou unha novela clásica sen transcendencia? O debate foi fecundo, animado e rico. 
Completamos o intercambio de sensacións coa visión do traductor
ao galego, Moisés Barcia,
que xenerosamente compartiu a súa experiencia de mediador lingüístico nesta e noutras obras, e tamén a de editor que trata de sacar adiante a publicación de obras de valor en galego.
Saímos felices, con ganas de máis lectura, de máis coñecemento! 
Proximamente achegarémonos ao Centro Interxeneracional da Farixa para rematar o debate cos membros de máis idade do club que non puideron achegarse.
Alégranos moito que o noso club medre en participantes e en experiencias!








Ningún comentario:

Publicar un comentario