luns, 26 de febreiro de 2024

A muller e a nena na ciencia






Celebramos non un día, senón moitos días da Muller e a nena na ciencia. Noa Vilas e Noa Pedrero contáronnos a súa experiencia no concurso The Challenge, organizado por EduCaixa. Presentaron e foron premiadas por o seu magnífico proxecto A Minúscula que non só é un exemplo de investigación senón de tesón e de sensibilidade cos problemas ós que non se adoita prestar atención porque non afectan á maioría, ou á maioría que máis poder ten na sociedade.
Mirade o seu proxecto aquí















Ana Cascón Padrón, alumna de 1º de bacharelato, guiounos nestes dous obradoiros de papiroflexia. Ana foi mención de honra na Olimpiada matemática galega e medalla de bronce na Olimpiada feminina española. Un luxo tela nesta ocasión como profe!










Grazas e parabéns a estas MULLERES que FAN CIENCIA











Ningún comentario:

Publicar un comentario