A próxima semana, con motivo destas conmemoracións, a Biblioteca propón as seguintes actividades que dan pé á reflexión sobre a violencia. Nalgunha delas, trátase de conxugar o concepto violencia-paz co formato Ilustración.
- Deseño de imaxes que poden ir acompañadas dun lema. Deben ser sinxelas e de pequeno tamaño, xa que o obxectivo final é seleccionar algunha para imprimila en chapas.
- Elaboración de microrrelatos en distintas linguas a partir do verso de Lorca "No. No me encontraron". Exporanse no corredor da biblio, xunto con algúns materiais sobre os desaparecidos nas dictaduras.
- Selección e exposición de libros axeitados para o alumnado que tratan distintos conflictos activos hoxe, con especial atención á novela gráfica e banda deseñada (compráronse recentemente obras moi interesantes que achegan distintos aspectos da violencia dende perspectivas variadas).
- Exposición de materiais con datos sobre guerras activas actualmente, desaparecidos en dictaduras, lecturas recomendadas das que non dispoñemos pero que se poden tomar en préstamo noutras bibliotecas (ELBE-2, GaliciaLe, Biblioteca Nós....)
Ningún comentario:
Publicar un comentario