venres, 15 de decembro de 2023

Reciclaxe tamén en Nadal



O alumnado de Proxecto competencial de 4º da ESO está a traballar sobre a reciclaxe. Aprendemos moito, sobre todo que a mellor reciclaxe é a que non se precisa. Por iso aproveitamos material de refugallo que había polas nosas casas, as nosas hortas e a propia biblioteca e utilizámolo para decorar os estantes de recomendación de libros, do club de lectura, das novidades... todo o que se nos puxo por diante!
E aínda non rematamos!
















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario