"... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo."
Yáñez,Antía. Non penses nun elefante rosa. (Xerais, 2022)
"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". (Bibliotecas escolares de Galicia)
E con este tema e esta selección de lecturas, así coma as escollidas por Xosé Mª Lores de escritoras galega, organizamos as nosas actividades:
- Durante a hora de ler. Lectura en voz alta de textos de mulleres.
- Mesa de libros de mulleres, no corredor da biblioteca
- Exposición sobre Safo de Lesbos, no corredor da biblioteca
Ningún comentario:
Publicar un comentario