Hoxe celebramos que a incasábel Yolanda Castaño vén de recibir o Premio Nacional de Poesía 2023 polo poemario Materia. Parabéns merecidísimos! Non queremos deixar pasar a ocasión para lembrar que no ano 2019 este premio foi concedido a Pilar Pallarés por Tempo Fósil, e no 2020 a Olga Novo por Feliz idade.
Ese mesmo ano a ourensá Alba Cid recibe o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Así mesmo, no 2022 Marilar Aleixandre recibe o P.Nacional de Narrativa polo libro As malas mulleres. E aínda non hai un mes do Premio Nacional de Literatura dramática de Paula Carballeira, que o sábado estará na Fundación Vicente Risco organizado polo Consello da Cultura Galega na Xornada
De O Bufón d’El Rei a O porco de pé
O teatro galego en perspectiva.
Que marabilla! Somos un pobo de artistas, como adoita dicir o tamén escritor polifacético Xurxo Souto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario