O primeiro libro en solitario de Iago González é "un libro-lugar, intrahistórico mapa total que acolle a tribo enteira..." en palabras de Olga Novo.
A mestra-musa Olga engaiolou coa súa poesía inspiradora a unha xeración de novas voces poéticas ourensáns que coñecimos en volumes colectivos como 21 poetas para o século XXI ou Dentes para a mazá, e tamén en recitais de gratísimo recordo coma a Pontesía ou o Pomeagosto. E non foi flor dun día, pasa o tempo e estas voces van madurando e latexan con forza.
O Lugariño está nos andeis da nosa Poesía para todos os gustos agardando berrarche ó oído os nomes de persoas e lugares que Iago leva moi dentro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario