"A poesía de Luis Valle é unha das mellores cousas que lle pasou á literatura galega nos últimos anos".
Así de contundente escribe Armando Requeixo en Tempos Dixital (nº 308, xaneiro 2023) para presentar o último poemario deste xa perito na escrita poética: Alianza.
Neste libro fala sobre todo de Amor, con Safo de Lesbos como prologuista desta viaxe marcada polos sentidos, a beleza, a distancia, a perda, a delicadeza. E Eros gobernando a nave.
Paga a pena meterlle o dente a esta nova incorporación ós nosos andeis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario