Poema Odiseico
Desde o teu instituto, desde a túa casa, ven, ti que amas o legado clásico, aquí
ao concurso Odisea, que un bo ramallete de cuestións hai
de mitoloxía, de literatura, de historia, e os computadores botan fume
xa nas aulas de informática;
soa fresca a auga a través das preguntas
e os dedos teclean xa as respostas,
e unha profunda investigación dará lugar
a palabras clave;
deuses ríos, ninfas dos estanques, fontes, acueductos,
océanos de profundas correntes, gotas de sabedoría…
Ven, estudante, esteas onde esteas,
ti que navegas a través da rede
pescarás éxitos nas augas,
á vez axitadas e tranquilas,
doces e saladas,
de Grecia e Roma.
Decadracma de plata de Aretusa,
acuñado en Siracusa, Sicilia (405-400 a. C.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario