mércores, 30 de novembro de 2022

Club de Lectura: Afouteza con Juan Tallón

Onte á tardiña, xuntabámonos na biblioteca do Otero Pedrayo nais, pais, profes e as nosas amigas-convidadas da Cruz Vermella de Ourense, co escritor JUAN TALLÓN. Pasamos un anaco ben agradable conversando sobre a súa novela REWIND, tan magnífica como sobrecolledora.
A experiencia non puido ser máis positiva e Tallón non puido ser máis próximo, encantador e humilde. Que gusto contar na nosa cidade con escritores da talla literaria e humana de Juan Tallón! Mil grazas por acompañarnos. Todo un luxo para o Otero Pedrayo









Ningún comentario:

Publicar un comentario