domingo, 15 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

 Durante a semana pasada, o departamento de Lingua galega, o EDLG, a Vicedirección e a Biblioteca, comezaron a preparar o día das nosas letras.


MESA "COÑECE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN"





MURAL VIDA E OBRA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN








CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022



E nas aulas conectamos con: 





E lemos unha selección de poemas comezando por o que vencella a Florencio co noso instituto, ó estar adicado a Ramón Otero Pedrayo.
Da súa relación e a admiración mutua, deixa constancia a obra de ambos. Otero Pedrayo refírese a Florencio, nun artigo de La Voz de Galicia de 1973, como «un viño antigo de poesía, un fogar onde sempre quentar o espírito».


Ningún comentario:

Publicar un comentario