O EDLG organizou a visita de Xurxo Mariño ó noso centro, para falar desa grande marabilla que é a linguaxe.
Ademais de presentarnos o resultado dos seus estudos ou doutros científicos, fíxonos reflexionar sobre aspectos que, de tan asumidos que os temos, parecíannos irrelevantes.
Que características fan a linguaxe humana única?
Por que o ser humano nace "a medio facer"?
Cando comeza o proceso de aprendizaxe das linguas?
En que repercute, ademais de na mellora da comunicación, o coñecemento de máis dunha lingua?
A resposta a todas estas preguntas e moitas máis están no seu libro Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe (2020). Xerais.
Na nosa biblioteca tedes á vosa disposición este libro e outros deste grande científico e xeneroso divulgador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario