mércores, 9 de marzo de 2022

Copérnico

 A biblioteca do IES Otero Pedrayo de Ourense agocha moitos tesouros.

Un deles, salvouse de miragre do incendio do 7 de decembro de 1927.  Pese a que hai quen di que Os libros arden mal, neste caso a maioría dos que durmían nos andeis da que daquela era a Biblioteca Pública de Ourense, ademais de instituto, convertiuse en pura cinza.

Pero non o De revolutionibus orbium coelestium, unha segunda edición de 1566, quizais porque alguén o invitara a pasar a noite fóra. O destino. 

Aproveitando que alguén se atreveu a poñer en galego o que en orixe estaba en latín, mañá teremos unha sesión coperniquiana: falarannos os tradutores de como foi o seu traballo, e falarannos os que hoxe coidan o noso Copérnico, de como se atopa e de que hipóteses se barallan sobre como foi posible que un tesouro así chegase a Ourense.

E despois da charla, trataremos de que Copérnico, autor, obra e libro, deixe pegada en todo o alumnado do noso centro.

Este é o plan:



Ningún comentario:

Publicar un comentario